top of page

Entrevista a Lola Caramés de Compromiso Por Galicia

Como decide meterse en isto da política?

Polo ano 2007 un gran amigo comentoume que estaban argallando un novo proxecto para presentarse ás municipais baixo as siglas do BNG. Invitoume a acudir a unha reunión onde escoitei da boca de Xosé Bernaldo Castro Campos o proxecto de rexeneración da ría máis realista e ilusionante que vira ata ese momento. E contaxioume esa ilusión, así que decidín sumarme á candidatura, e dalí ata agora. Fun concelleira no grupo de goberno, na oposición, vicerresponsable comarcal do BNG, responsable comarcal de CxG e neste momento vicerresponsable comarcal do mesmo.

 

E sigo coa mesma ilusión, a pesares de que algúns pretendan facer crer que todos son iguais. Creo na política como ferramenta de cambio, e condeno a todas aquelas persoas que a utilizan para beneficio propio.

 

Como valora os dous anos que estivo de concelleira de goberno en Noia?

 

Pois foron dous anos moi intensos, nos que traballamos arreo e conseguimos para a nosa vila moitas cousas. Pero tamén foron moi difíciles pola relación que tiñamos cos socios de goberno do PSOE que intentaban boicotear moitas das nosas iniciativas. A vontade de colaboración desapareceu moi rápido e a convivencia era moi difícil.

bottom of page