top of page

 1. Como decide meterse en isto da política?

Aos catorce anos comencei a participar en diversas asociacións como o Teleclub da parroquia de Caamaño, comisións de festas, asociación de veciños, Anpa dos colexios de Caamaño e de Xuño, comunidade de montes e a suma de todas esas inquedanzas rematou coa miña incorporación á política municipal da man do BNG.

 

  1. Pode unha portavoz municipal conciliar ben a vida familiar coa vida publica?

Se cres firmemente que as cousas que non funcionan hai que melloralas a conclusión é que tes que esforzarte para facer iso realidade, polo que tes que atopar tempo para compaxinar a familia co traballo e coa política

 

  1. Cal sería a xestión máis importante na súa labor como concelleira de goberno?

 

Demostrarlle á xente que hai outra forma de estar na política, sen roubar e con dignidade e tamén estou moi orgullosa de todos os logros que acadamos no ano e medio que estivemos no goberno municipal.

 

Entrevista a Ánxela Franco portavoz municipal do BNG en Porto do Son

  1. Como valora actualmente a política municipal en Porto do Son? Cree que o señor alcalde esta a altura do que demanda a cidadanía?

A maioría absoluta deste goberno eliminou os plenos municipais polo que a actividade política municipal prácticamente non existe: a veciñanza non ten posibilidade de participar nin pode coñecer a postura dos distintos grupos políticos e impiden o labor da oposición, en resumo, secuestraron a política municipal. O alcalde non ten experiencia ningunha e fai o que lle mandan.

 

  1. Que calificativo lle poñerías ao pacto entre AVS e PP?

Qué pacto? Sempre que sae unha lista de presuntos independentes, acaban no PP, que é quen pon os cartos.

 

  1. Cales foron as últimas iniciativas levadas a cabo polo BNG no Concello do Son?

 

Estamos presentando unha media de catro ou cinco mocións por pleno, pero o goberno sistemáticamente ou ben non as incorpora na orde do día ou as rexeita coa súa maioría: e desto non se entera ninguén.

 

  1. Que aspecto positivo destacarías como a coordinadora comarcal do BNG durante o tempo que estivo ao fronte?

 

A volta do traballo unido e a recuperación da nosa organización logo dunha etapa complicada no BNG.

 

  1. Por qué cree que a xente nova está tan desencantada da política? De quen é culpa?

 

O PP eo PSOE, pola conta que lles ten, impoñen a mensaxe de que a política non serve para nada porque todos somos igua¡s. Non temos ningunha culpa os que traballamos polo progreso da nosa terra e polo ben común.

 

  1. Valora volver a presentarse como candidata do BNG a alcaldía?

A asemblea local de Porto do Son decidirá cando chegue o momento. Moitas grazas e unha aperta nacionalista.

bottom of page