top of page

Reportaxe ao grupo muradán Terbutalina

Como nace Terbutalina? 

Nace grazas un programa de axudas europeas para a cohesión destinado a desempregados monógamos e guapísimos. 

Quen son os compoñentes? 

Na actualidade somos cinco. Carlos, Brais, Mon, Samuel e Miguel. Miguel é o socio maioritario. Ten o 80% das accións. É el o que lle paga ao resto.

Que tipo de música tocades? 

A máis bonita.

 

Que actuación destacaríades das que levades realizado? 

Lembramos con moito cariño a nosa actuación para as infantas no Hostal dos Reis Católicos. Foi moi íntimo, mais moi bonito. O que pasou despois xa non se pode contar.

Tendes algún disco xa? Ides camiño del? 

Si, xa temos varios. O noso último traballo chámase "Ritmo Serbio", foi gravado preto de Belgrado e pode escoitarse e descargarse de balde na rede. Temos intención de volver pasar polo estudio este inverno. 

 

http://terbutalina.bandcamp.com/album/ritmo-serbio
 


Onde ensaiades? 

Dentro dunha megamina. Si á megamineiría!

Onde se pode contactar convosco?

Hai que falar co banco e amosar tres avais.
 

bottom of page